Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

APRENDE A FACER SUSHI CON BELÉN

29 febrero, 2020 @ 11:00 - 14:00

Eu son Belén e levo facendo sushi 7 anos. Comecei no Restaurante Paprica da man de Álvaro Villasante que foi quen me deu as nocións básicas para facelo e onde tamén estiven traballando 4 anos, e aparte funme formando pouco a pouco con cursos e libros. Hoxe en día traballo no Restaurante Colón en Nadela xunto a Santi Almuiña. A miña marca é: “O´Sushi by Belén”  e con ela fago todo tipo de eventos con sushi.

Neste curso aprenderedes a facer sushi por vós mesmos, dende o principio ata o final e con tódolos seus trucos, que ten moitos. E para que poidades continuar facendoo na casa, levaredes un kit básico que consta de: esterilla, wasabi, 2 follas de alga nori, aliño para o arroz, e toda a explicación por escrito de cómo se fai todo, ¡para que poidades estar máis atentos!

Cando terminemos, poderdes catar o sushi que elaboremos, ou si preferides, levalo a casa.

¡Espero que vos guste e que aprendades moito!

 


29 DE FEBREIRO DE 11:00 a 14:00

PREZO: 60€/PERSOA (INCLÚE: MATERIAL, KIT E PEZAS DE SUSHI QUE ELABORES)

¡PRAZAS LIMITADAS!


RESERVA A TÚA PRAZA CUBRINDO ESTE FORMULARIO 

Detalles

Fecha:
29 febrero, 2020
Hora:
11:00 - 14:00
Evento Categoría:

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!