Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Expo: Senén Olano

9 mayo, 2018 - 5 junio, 2018

 

 

A obra que expoño na galería La Ferretería está formada por pinturas sobre papel de algodón.

A técnica utilizada e a coñecida coma EBRU en Turquía (de onde é orixinaria), SUMINAGASHI en Xapón e MARMOLADO en España; todas elas moi semellantes entre si, consisten en pintar sobre a auga e despois transferir a pi ntura a un soporte, no meu caso pintura de gouache sobre papel de algodón 100%.

 

O título da exposición » PINTURA SOBRE AUGA CON XEOMETRÍAS I NTERPOSTAS » fai referencia á tem á tica da maioría das obras, que está claramente baseada en composicións xeométricas feitas sobre a pintura sobre auga , fundamentalmente abstractas .

 

Todas estas obras reflicten o traballo que fixen durante o ano 2017 e son, neste momento, a miña obra plástica máis recente.

 O autor,
SENÉN OLANO ÁLVAREZ
– – – –

SENÉN OLANO ÁLVAREZ

Ponferrada 1959

 

Licenciado en Arquitectura pola E.T.S.A. de A Coruña en 1982. Arquitecto, g ravador, fotógrafo, debuxante, deseñador, pintor e escultor en exercicio dende 1984.

Realiz a o seu traballo creativo en diversos campos , mesturado cunha intensa labor docente.

A partir do ano 1996, no que retom a a súa faceta plástica , que ate entón estivo centrada no deseño e realización de obras de arquitectura, particip a en múltiples exposicións co lectivas en Galicia e diferentes puntos de España e do estranxeiro .

Fa i exposicións individuais de gravados , debuxos e esculturas. Te n acadado premios e galardóns diversos polo s eu traballo plástico sendo, algúns dos últimos , o 1º premio de deseño gráfico de carteis das LETRAS GALEGAS do ano 2012, promovido pola Xunta de Galicia ou o 2º Premio do II CONCURSO FOTOGRÁFICO CEMITERIO DE SAN FROILÁN do Concello de Lugo , no ano 2014 .

No 2014 f oi seleccionado para a X BIENAL DE PINTURA EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR e para o XII CERTAMEN INTERNACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS – Aires de Córdoba .

No 2015 foi seleccionado para a XIII BIENAL INTERNACIONAL DE GRAVAT JOSEP DE RIBERA en Xátiva.

No 201 6 foi finalista no III CONCURSO NACIONAL DE DISEÑO DE SELLOS de Correos.

No 201 7 foi seleccionado para a XIII BIENAL INTERNACIONAL DE GRAVAT JOSEP DE RIBERA en Xátiva e foi finalista no IV CONCURSO NACIONAL DE DISEÑO DE SELLOS de Correos.

Te n obra gráfica en museos, coma o Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos ou o Museo Provincial de Lugo.

Te n publicado libros de deseño ( Las mallas como base del diseño gráfico de composiciones complejas ), de texto ( Debuxo Técnico I , Debuxo Técnico II e Educación plástica e visual 4ESO ) ou publicacións en revistas de arte (» Universo paralelo con grabados » en ART – NOTES).

Te n publicado diferentes blogs de imaxes , e p ódese ver unha moi ampla mostra da súa obra na páxina web www.senenolano.com .

Detalles

Comienza:
9 mayo, 2018
Finaliza:
5 junio, 2018
Evento Categoría:

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!