- Este evento ha pasado.
EXPO: (DES)TRAZOS
2 mayo, 2019 - 28 mayo, 2019
Adolfina Mesa, Poeta e Pintora española, (1970), Diplomada en Ciencias Empresariais. Exerce como Artista (Pintora) e Poeta, e tamén impartindo clases de Pintura e Artes decorativas.
Como Artista participou e participa activamente en exposicións de pintura: Individuais e Colectivas, contando cunha ampla lista delas tanto en España coma fóra de España, facendo mención dalgunhas: coa Galería Javier Román en Málaga; A Ferretería Eventos & Co. en Lugo; Galería NOV Sala de Arte na Coruña; na Biblioteca Municipal de Barcelos, Viana do Castelo, Portugal; Benevento, Italia no Palacio Paolo V, entre moitas outras. Asemade ilustrou coa súa obra pictórica o interior de distintos libros de poemas nacionais e internacionais e as portadas de moitos outros poemarios.
Como escritora e poeta ten publicado o poemario Poemas e Catarsis, en outubro de 2017 da súa autoría, coa Editorial Circulo Rojo. Ao mesmo tempo deixou mostra da súa participación en numerosas publicacións poéticas colectivas nacionais como a Revista XISTRAL de Lugo, entre outras; e internacionais, sendo a última a Colectánea de Poesía Luso-Galaica. Ademais de diversas colaboracións con revistas dixitais. Pode verse o contido biográfico e literario máis amplo en:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Adolfina_Mesa
http://editorialcirculorojo.com/autores/adolfina-mesa/
https://www.escritores.org/libros/index.php/item/adolfina-mesa
EXPOSICIÓN DE PINTURA INDIVIDUAL
(DES) TRAZOS
DE ADOLFINA MESA
DESCRICIÓN DA TEMÁTICA DA OBRA E EXPOSICIÓN
A exposición (DES) TRAZOS desenvólvese nun escenario de cor-espazo, onde as pinceladas se articulan e relacionan na trama textual e cromática, creando unha atmosfera especial e un determinado efecto nas emocións dentro dun diálogo entre a obra e o espectador, onde a procura da artista é a orientación cara a novas dimensións emocionais e conceptuais, apartándoa da realidade sen deixar de concibila.
(DES) TRAZOS intégrase nunha estrutura de forza, diálogo e cromatismo onde a cor e forma, procuran alcanzar a sensibilidade harmonicamente. Unha construción onde “Arte” sexa máis que pintura e transcenda ao lirismo da poesía. A artista e poeta Adolfina Mesa ten como fin o achegamento e comprensión do público á obra: pola súa temática evolutiva en conceptos e cromatismos, tratando temas diversos plasmados desde o expresionismo abstracto na maioría das súas pinturas, como son a figura feminina dentro do feminismo, igualdade de xénero, reivindicación de dereitos, violencia de xénero; e outros temas e estilos coma o paisaxismo, naturezas mortas, abstracción, tocando tamén o surrealismo e o impresionismo partindo sempre dunha realidade. Nos trazos e pinceladas dos diferentes tramados busca xerar movementos cargados de misterio musicalidade e poesía, sendo o obxectivo alcanzar a poesía visual.