Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Expo Senén Olano

28 octubre, 2015 - 18 noviembre, 2015

 invitación-correo

A obra que expoño na galería La Ferretería está formada por obra gráfica e pinturas. A obra gráfica son gravados calcográficos, fundamentalmente augafortes, de gran formato. As pinturas están feitas en dúas técnicas, Acrílico sobre táboa e resina epoxi con pigmentos sobre táboa e sobre aluminio. 

O título da exposición «MAIORMENTE XEOMETRÍA» fai referencia á temática da maioría das obras (tanto dos gravados como das pinturas) que está claramente baseada nas composicións xeométricas, que abrangue o punto de vista abstracto coma figurativo. Tamén hai outras pinturas (coa técnica da resina epoxi) da máis recente serie na que estou a traballar e que levan por título xenérico «disolucións». 

En resumo, é unha mostra do meu traballo máis recente e coas temáticas e estilos que definen a miña obra plástica. 

Senén Olano


SENÉN OLANO ÁLVAREZ 

Licenciado en Arquitectura pola E.T.S.A. de A Coruña en 1982. Arquitecto, gravador, fotógrafo, debuxante, deseñador, pintor e escultor en exercicio dende 1984.

Realiza o seu traballo creativo en diversos campos, mesturado cunha intensa labor docente.

A partir do ano 1996, no que retoma a súa faceta plástica, que ate entón estivo centrada no deseño e realización de obras de arquitectura, participa en múltiples exposicións colectivas en Galicia e diferentes puntos de España e do estranxeiro.

Fai exposicións individuais de gravados, debuxos e esculturas. Ten acadado premios e galardóns diversos polo seu traballo plástico sendo, algúns dos últimos, o 1º premio de deseño gráfico de carteis das LETRAS GALEGAS do ano 2012, promovido pola Xunta de Galicia ou o 2º Premio do II CONCURSO FOTOGRÁFICO CEMITERIO DE SAN FROILÁN do Concello de Lugo, no ano 2014.

Recentemente foi seleccionado para participar no ESTUDIO ABERTO de ENREDARTE do ano 2013, coa realización dun debuxo-río de 20 metros de longo na sala de exposicións da deputación provincial de Lugo, no mes de xullo.

No 2014 foi seleccionado para a X BIENAL DE PINTURA EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR e para o XII CERTAMEN INTERNACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS – Aires de Córdoba.

No 2015 foi seleccionado para a XIII BIENAL INTERNACIONAL DE GRAVAT JOSEP DE RIBERA en Xátiva.

Ten obra gráfica en museos, coma o Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos ou o Museo Provincial de Lugo.

Ten publicado libros de deseño (Las mallas como base del diseño gráfico de composiciones complejas), de texto (Debuxo Técnico I, Debuxo Técnico II e Educación plástica e visual 4ESO) ou publicacións en revistas de arte («Universo paralelo con grabados» en ART-NOTES).

Ten publicado diferentes blogs de imaxes, e pódese ver unha moi ampla mostra da súa obra na páxina web www.senenolano.com

 

Detalles

Comienza:
28 octubre, 2015
Finaliza:
18 noviembre, 2015
Evento Categoría:

Lugar

La Ferretería
Lugo 27001 España + Google Map

Organizador

La Ferretería

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!